Xavier Campos López
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1978 (45/46 anos) Ribadeo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
Xavier Campos López, nado en Ribadeo en 1978, é un filólogo e político galego do BNG.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciado en Filoloxía Galega e posgrao en xestión cultural. Foi técnico de lingua e cultura do Concello de Ribadeo (2003-2006) e xefe de gabinete do IGAEM - AGADIC (2006-2009). É membro da Xunta Directiva da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural, da que foi fundador. Foi concelleiro en Ribadeo dende 2011. Pertenceu á Executiva Nacional do BNG até 2016, como Secretario de Alternativas Programáticas. Dende 2017 forma parte de novo da Executiva do BNG, como Coordinador de Comunicación.[2][3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Biografía na web do concello Arquivado 29 de agosto de 2017 en Wayback Machine. (en castelán)
- ↑ "O BNG crea unha coordinadora de política local coa vista posta nas municipais" (en castelán). 3 de abril de 2017. Consultado o 13 de xullo de 2020.
- ↑ "Executiva Nacional". BNG - Bloque Nacionalista Galego (en castelán). Consultado o 13 de xullo de 2020.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Ficha Arquivado 28 de novembro de 2016 en Wayback Machine. en Terra e Tempo