Xardineiro, xardineira
Chámase xardineiro ou xardineira á persoa que ten por ocupación o coidado e mantemento dos xardíns.
Entre as ocupacións dos xardineiros atópanse a conservación de sementes ou bulbos dentro do sementeiro; o cultivo de flores e plantas ata que teñan a idade suficiente para ser transplantadas etc. Estas primeiras actividades adoitan realizarse baixo cuberto, no invernadoiro, pero tamén poden realizarse en terreos habilitados no exterior.
Os xardineiros tamén se ocupan da preparación e o tratamento da terra na que deben ser colocadas, da poda, os enxertos, a retirada de flores e plantas mortas e a súa substitución por outras, a mestura e preparación de insecticidas e outros produtos para o tratamento de pragas ou fertilizante do xardín. No xardín, plantan as flores e outras plantas segundo o programa establecido atendendo a criterios estéticos. Ademais, preparan os terróns ou a herba artificial que deba ser colocada.[1]
Para o seu traballo axúdanse de diferentes ferramentas e maquinaria eléctrica tales como:
- angazos, utilizados para preparar o terreo
- pas, utilizadas para retirar a terra
- eixadas, de diferentes tamaños, serven para remexer a terra
- vasoira de xardineiro, úsase para retirar os desperdicios xerados no traballo
- cortacéspede, máquina que corta o céspede e almacénao nun recipiente
- mochilas con tratamentos[2]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xardineiro, xardineira |