Cortacéspede

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Coitelas dun cortacéspede manual.

Un cortacéspede, segadora, ou cortadora de céspede, é unha máquina, manual ou motorizada, utilizada para recortar o céspede dos xardíns, campos deportivos etc., de forma que se obteña unha alfombra de herba de altura uniforme.

Historia[editar | editar a fonte]

Cortacéspede robot moderno.

A idea dunha máquina para cortar herba foi concibida en Gloucestershire (Inglaterra) sobre 1830 polo enxeñeiro independente Edwin Beard Budding. Budding, anteriormente carpinteiro en Chalford, inspirouse no cortador rotatorio deseñado para cortar a la do muíño de Brinscomb. O cortacéspede de Budding foi deseñado principalmente para cortar o céspede dos campos deportivos e os xardíns extensos como alternativa superior á gadaña. A súa patente do 25 de outubro de 1830 describía «unha nova combinación e aplicación da maquinaria co obxecto de rapar ou cortar as superficies vexetais de céspede, herba e campos». A patente seguía afirmando que «os cabaleiros do campo áchanse ao usar a miña máquina realizando un exercicio entretido, útil e saudable.»

Tipos de cortacéspede[editar | editar a fonte]

Manuais[editar | editar a fonte]

Cortacéspede manual.

Os cortacéspedes manuais son aqueles que non levan ningún tipo de motor e só co pulo físico do corpo prodúcese o movemento circular das coitelas, normalmente helicoidais, para producir o corte do céspede. Son máquinas lixeiras pero o seu inconveniente é a necesidade de repasar varias veces o terreo.

Eléctricos[editar | editar a fonte]

Un cortacéspede eléctrico[1] leva instalado un motor que utiliza a electricidade para mover a coitela que leva instalada na parte de embaixo. Os máis usuais conéctanse á rede mediante conexión de cable sendo este un problema á hora de virar e presenta problemas de distancia xa que sen un cable alongable non se chega moi lonxe. Os máis modernos utilizan baterías que eliminan devandito inconveniente.

Típico cortacéspede de gasolina.
Cortacéspede de tractor.

De gasolina[editar | editar a fonte]

Son moi efectivos en xardíns de entre 400 m² e 1000 m². A súa autonomía vai ligada á capacidade dos litros do seu depósito. O seu maior inconveniente é o do mantemento do motor xa que necesitan cambios periódicos de aceite ou limpezas para que duren.

Tractores[editar | editar a fonte]

Co tempo os cortacéspedes evolucionaron e adoptaron numerosas formas e deseños adecuándose ás necesidades. Un paso máis aló do cortacéspede manual, ou o das coitelas motorizadas, onde en ambos os casos é preciso que un usuario empurre a máquina a pé. Os tractores cortacéspede, dispoñen dun motor que non só move o rotor das coitelas senón que permite transportar a un condutor. Este tipo de cortacéspede está especialmente pensado para grandes extensións de herba.

Cortacéspede robot.

Robots[editar | editar a fonte]

Son aqueles que aproveitan a tecnoloxía para que non se teña que intervir en ningún momento no corte do céspede. Prográmase dunha maneira bastante sinxela e déixase que faga o traballo só. Funcionan mediante sensores e mesmo chegan a realizar pasadas de maneira lineal, progresiva e ordenada.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Halford, David G. Old Lawn Mowers - Shire publications LTD. 1999.  (en inglés)

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  1. "Datos da cortadora de céspede con batería". homegearexpert.com. Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2020. Consultado o 24 de setembro de 2020.