Xardín do Posío

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Xardíns do Posío")
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°19′52.4″N 7°51′50.81″O / 42.331222, -7.8641139

O Xardín do Posío, situado na cidade de Ourense, foi construído no ano 1846, sendo orixinariamente un xardín botánico. Este xardín estaba ligado á cátedra de Física, Química e Historia Natural do antigo Instituto de Segunda Ensinanza, actual IES Otero Pedrayo de Ourense.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Chris Isaak en concerto nos xardíns do Posío.
Monumento a Lameiro.

O Xardín do Posío creouse a mediados do século XIX polos mesmos profesores do antigo Instituto de Segunda Ensinanza. Preparárono coas árbores e plantas do Xardín Botánico de Madrid e xuntaron ata 200 especies. O recinto está forxado por un peche e portas, nas que hai uns floreiros.

O parque está estruturado en tres niveis. A parte superior está arborada e ten espazos de xogos infantís. A parte central está ocupada, principalmente, polo paseo con bancos e farolas. É un punto de encontro na cidade, onde tamén se programan concertos. A parte inferior está formada por un xardín centrado por un paseo de palmeiras, unha rosaleda e un estanque. Neste estanque hai paxaros, como un pavo real. É o mellor conservado, no que hai dúas esculturas que renden homenaxe. Francisco Asorey firma a que está adicada a Xavier Prado Lameiro en 1944. A outra recorda a Valentín Lamas Carvajal, e é unha obra conxunta de Manuel Pascual e Antonio Faílde. Na marxe do lateral sur estaba a Ermita da Nosa Señora do Posío, destruída ao construír a chamada, agora, rúa Coruña. Esta imaxe foi trasladada preto da fonte das Burgas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]