Contruíuse durante o reinado do Emperador da dinastía MingJiajing no ano 1559, como xardín privado dun funcionario público, Pan Yunduan, comisionado no traballo da administración da provincia de Sichuan. Documentouse que a súa construción buscaba o conforto de seu pai, en idade avanzada.[2]
Cunha superficie de aproximadamente dúas hectáreas o xardín é internacionalmente coñecido polos seus grandes enfeites de pedra, que poden acadar os tres metros de altura. Túneles escarvados en xade chinés, o salón da primavera, a antiga sala da ópera e ducias de despachos, estudios e oficinas que conservan reliquias da arte da dinastía Ming. O xardín está poboado por diversas árbores senlleiras que acadan os 400 anos de idade. Hai diversos lagos espallados por toda a área do xardín. A madeira está presente nas construcións, alén dos constantes enfeites de plantas. O lume aparece no seu abundante uso da cor vermella como pintura para as columnas, portas, xanelas e detalles entallados nesas construcións típicas da dinastía Ming e Qin. Así mesmo no tipo de peixe que foi escollido para poboar os lagos, a especie Koi.[3]