Xavier Labandeira
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2018.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de xullo de 1967 (56 anos) Vigo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | economista , energy economist (en) , investigador |
Lingua | Lingua castelá |
Xavier Labandeira, nado en Vigo o 2 de xullo de 1967[1], é un economista e investigador galego especializado en cambio climático.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciado en Economía pola Universidade de Santiago, obtivo un título de máster pola University College de Londres en economía ambiental, e doutorouse na Universidade de Vigo en Economía aplicada.
A súa actividade investigadora principal é o cambio climático, grazas á que ten publicado artigos en revistas líderes mundiais na materia como Energy Economics ou Climate Research.
En 2009 foi convidado a participar como membro no Grupo intergobernamental sobre o cambio climático da ONU. Membro fundador da Asociación Española de Economía da Enerxía, da que foi vicepresidente.
Obra[editar | editar a fonte]
Ademais de artigos e capítulos de libros, Labandeira é autor ou coeditor dos seguintes títulos:
- Economic Modelling of Climate Change and Energy Policies, 2006, coeditado con C. de Miguel e B. Manzano.
- Climate Change Policies. Global Challenges and Future Prospects, 2010. Escrito canda E. Cerdá.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Currículo persoal" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de marzo de 2016. Consultado o 21 de marzo de 2014.