xHamster

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

xHamster é un sitio web e rede social pornográfica con sede en Limasol na illa de Chipre[1]. Aloxa vídeos pornográficos subidos polos usuarios, webcams de modelos, fotografías pornográficas e literatura erótica, e incorpora trazos de rede social. Fundouse en 2007 e con máis de dez millóns de membros, e a terceira web pornográfica logo de XVideos e Pornhub.

O sitio produciu en 2016 The Sex Factor, unha serie de telerealidade na que homes e mulleres competían para se converter en estrelas porno.

O sitio está considerado por algúns expertos como unha fonte de programas maliciosos [2], e está bloqueado nalgúns países como parte de diversas campañas contra da pornografía en internet. Así e todo é un dos sitios máis populares, situándose no posto 68 dos sitios máis visitados segundo o índice Alexa[3]

Notas[editar | editar a fonte]