Woman Hating
Woman Hating | |
---|---|
Autor/a | Andrea Dworkin |
Orixe | Estados Unidos |
Lingua | Inglés |
Tema(s) | feminismo radical |
Editorial | E. P. Dutton |
Data de pub. | 1974 |
Páxinas | 217 |
ISBN | 0-525-47423-4 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Woman Hating: A Radical Look at Sexuality é un libro escrito pola autora feminista radical e activista Andrea Dworkin en 1974.
Antecedentes
[editar | editar a fonte]Mentres Dworkin vivía en Ámsterdam nos Países Baixos, coñeceu a Ricki Abrams, unha prostituta e compañeira expatriada. Abrams introduciu a escritora estadounidense nas primeiras obras do feminismo radical dos Estados Unidos, de aí que Dworkin estivese notablemente inspirada por Sexual Politics (Política sexual) de Kate Millett, The Dialectic of Sex (A dialéctica do sexo) de Shulamith Firestone e Sisterhood is Powerful (A sororidade é poderosa) de Robin Morgan.[1] Ela e mais Abrams comezaron a traballar xuntas en «fragmentos e pezas temperás» dun texto feminista radical sobre o odio ás mulleres na cultura e na historia,[2] incluíndo un borrador completo dun capítulo sobre a revista da contracultura pornográfica Suck, que foi publicado por un grupo de compatriotas expatriadas nos Países Baixos.[3]
Denantes de deixar Ámsterdam, Dworkin falou con Abrams sobre a súa experiencia nos Países Baixos, o movemento feminista emerxente e o libro que comezaran a escribir xuntas. Dworkin aceptou rematalo —co título de Woman Hating— e publicalo cando chegase aos Estados Unidos.[4] Nas súas memorias, Dworkin relata que durante a conversación prometeu que dedicaría a súa vida ao movemento feminista.
Sentada con Ricki, falando con Ricki, fíxenlle unha promesa: que empregaría todo o que coñecía, tamén sobre a prostitución, para facer o movemento das mulleres máis forte e mellor; que daría a miña vida ao movemento e polo movemento. Prometín estar involucrada co honor e benestar das mulleres, facendo o que cumprise para ese benestar. Prometín vivir e, se cómpre, morrer polas mulleres. Fixen este voto hai trinta anos e aínda non o traizoei.Andrea Dworkin, Heartbreak: The Political Memoir of a Feminist Militant, 122.