William A. Pailes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
William A. Pailes
WilliamAPailes.jpg
Datos persoais
Nacemento26 de xuño de 1952
LugarHackensack
Actividade
MisiónsSTS-51-J
Tempo no espazo4,07 días
editar datos en Wikidata ]

William Arthur Pailes, nado en Hackensack, Nova Jersey, o 26 de xuño de 1953, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte da misión STS-51-J.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pailes graduouse en ciencias da computación pola Academia da Forza Aérea dos Estados Unidos en Colorado Springs en 1974 e é máster na mesma materia pola Universidade A&M de Texas en 1981.[1][2]

Participou na misión STS-51-J como especialista de carga, pasando un total de 4,07 días no espazo.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2020). "Pailes, William Arthur" (en inglés). Consultado o 29 de decembro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (outubro de 1985). "WILLIAM A. PAILES (MAJOR, USAF)PAYLOAD SPECIALIST" (PDF) (en inglés). Consultado o 29 de decembro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]