Wikipedia:Xornal da Galipedia/01-08-2010/Destacados

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
O Xornal da Galipedia
Destacados

A Galipedia inaugura a vitrina de artigos de calidade

Por Toliño, 1 de agosto de 2010

Xa contamos con 3 artigos que cumpren os estándares de calidade

Había xa oito meses que se aprobaran en votación os criterios para a selección de artigos de calidade, porén, non foi ata o 20 de xuño cando se realizou a primeira concesión da estreliña distintiva, que o artigo Club Baloncesto Breogán xa loce na parte superior dereita. Nestes intres, este número aumentou ata 3, despois de que Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e Ramón Piñeiro pasasen o filtro de calidade ao rematar cadansúa votación o 23 e 26 de xullo, respectivamente.

Grazas aos artigos de calidade conséguese subir un chanzo máis de cara a conseguir unha enciclopedia libre, veraz e, sobre todo, de calidade en galego. Ata o de agora, os usuarios destacaban na Portada algúns artigos que, aínda sendo completos e verificables, tiñan espazo para seren mellorado un chisco máis. Como se di no proceso a seguir para facer a proposta a artigo de calidade:

"Cómpre sinalar a diferenza entre un artigo destacado e un de calidade: os destacados abranguen un espectro máis amplo de artigos nos que se encadran os que polo seu interese e pola súa boa realización foron votados pola comunidade para figurar na Portada, mentres que os artigos de calidade teñen que pasar un filtro máis esixente para figurar como un dos mellores traballos da Wikipedia."
Xornal da Galipedia (Icona).png
01-08-2010
Neste número

← Volver aos contidos

+ Engade un comentarioConversa sobre esta historia
Aínda non hai comentarios. Ti podes ser o primeiro en achegar unha opinión!




Portada Acerca de Suxestións Subscribirse Arquivo