Wikipedia:Xornal da Galipedia/01-04-2011/Falcatruadas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Falcatruadas

O caso Charlotte's Web

Por Toliño, 1 de abril de 2010

As falcatruadas fanse reiterativas

Estes últimos días de marzo houbo un aumento na que xa vén sendo unha reiterativa creación do artigo Charlotte's Web. A historia vén de lonxe, pero esta persoa emprega múltiples monicreques para saltar os bloqueos que se lle impoñen e crear e editar unha e outra vez tanto o artigo anteriormente citado como unha manchea doutros relacionados con filmes de Disney, como The Fox and the Hound.

Esta práctica lévase observando desde hai moito tempo e en moitas wikipedias, e responden ao perfil dun mesmo usuario baixo diversas identidades que emprega tradutores automáticos para levar os artigos as máis linguas posibles, deixando textos de ínfima calidade que cómpre borrar.

Actualmente, moitos dos artigos relacionados están protexidos e cada vez que se detecta unha nova conta de usuario súa bloquéase de contado. Aínda así, pedimos a colaboración de todos os galipedistas: notificade calquera destas contas no Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Vandalismo para detelo de novo.

A 1 de abril, algunhas das contas interceptadas recentemente na Galipedia foron: Deleted because of the Disney, Testaid, Rakasa ayat Alien, DV, DV, DV all the way, Delete because crap, Fan of the Disney animation, Tale spider pig web, Moo, Porco, Homer Simpson, Pgsfjighp, Spider Pig, Fart... e un longo etcétera; coido que xa abonda!

Teñen un amplo seguimento del, co modus operandi, en Wikipedia:Long-term abuse/Bambifan101.

01-04-2011
Neste número
  • Novas e anuncios
  • Falcatruadas
  • ← Volver aos contidos

    + Engade un comentarioConversa sobre esta historia
    Aínda non hai comentarios. Ti podes ser o primeiro en achegar unha opinión!