Wikipedia:Sobre a Ópera/xaneiro 2014

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Angela Gheorghiu, nada en Adjud (Romanía) o 7 de setembro de 1965, é unha soprano lírica. Ten interpretado os papeis principais de numerosas óperas dende o seu debut profesional, destacando especialmente polas súas interpretacións de óperas de Puccini.

O seu debut profesional tivo lugar na Opera Naţională Română din Cluj-Napoca de Bucarest en 1990, encarnando a Mimì en La Bohème de Puccini. O seu debut internacional chegou no escenario da Royal Opera House de Londres en 1992 no papel de Zerlina na ópera de Mozart Don Giovanni, e dende aquela ten actuando nos grandes escenarios de Europa e os Estados Unidos.