Wikipedia:Sobre Galicia/xaneiro 2016

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Festa dos Fachós de Castro Caldelas celébrase o 19 de xaneiro na véspera do día de San Sebastián, comeza coa caída do sol e prolóngase durante a noite. Esta celebración converteuse nunha das tradicións de culto ó lume máis representativas de Galicia, na liña doutros folións con fachas que aínda persisten.

Consiste a festa nunha procesión na que se portan centos de fachos arredor do Castelo de Castro Caldelas, partindo da igrexa dos Remedios e facendo un percorrido en plena escuridade tralo facho principal (de varios metros de longo), que precede á imaxe do santo, feita de palla ó igual que os fachóns.Finaliza a procesión no adro da igrexa onde se queiman os fachos nunha gran fogueira, culminando o rito do lume purificador no medio do repenicar das campás

A Festa dos Fachós encádrase dentro dos folións de véspera xunto a outras celebracións con fachas que aínda perduran, o Folión de Fachas de Vilelos ou a Queima das Fachas de Castelo.