Wikipedia:Sobre Galicia/outubro 2006
Aparencia
Pontevedra. Di a lenda que Teucro, un dos heroes da Guerra de Troia, morto o seu irmán Aiax e aborrecido polo seu pai, Telamón, marchou a Galiza e baptizou a cidade onde se aposentou co nome de Helenes. Pontevedra medrou paseniño até se converter hoxe nunha cidade feita a medida humana, con lugares tan entrañábeis como a Praza do Teucro, a Alameda e as igrexas de San Francisco ou da Peregrina.