Wikipedia:Sobre Galicia/febreiro 2011

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Saudade é unha palabra de difícil definición nas linguas galega e portuguesa. Expresa un sentimento afectivo primario, próximo á melancolía, estimulado pola distancia temporal ou espacial a algo amado e que implica o desexo de resolver esa distancia. Manuel de Melo definiuna como "bem que se padeçe y mal de que se gosta" en 1660. A palabra saudade foi adoptada por algunhas outras linguas na súa forma orixinal, dada a dificultade de traducila.