Wikipedia:Sobre Galicia/febreiro 2007
Aparencia
O himno galego é o símbolo acústico máis solemne de Galiza como comunidade política. O texto son as dúas primeiras partes do poema Queixumes dos pinos de Eduardo Pondal, e a música é da autoría de Pascual Veiga.
Estreouse na Habana en 1907 e, como a Bandeira de Galicia, é froito da emigración. Desde 1907 até 1923, o himno galego foi cantado por rexionalistas e agraristas nos seus actos e pouco a pouco foi sendo aceptado. Cando se prohibiu o uso durante a ditadura de Primo de Rivera, as sociedades galegas de América intensificaron o seu interese pola súa interpretación pública. Coa Segunda República atinxiu o recoñecemento oficial.