Wikipedia:Sobre Galicia/abril 2010

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Exilio galego de 1936 está formado polo conxunto de cidadáns galegos que tiveron que abandonar o país no período comprendido entre o inicio da Guerra civil española (1936-1939) e a inmediata posguerra, ante o perigo de represalias pola súa significación política na Segunda República española, maiormente en movementos de esquerdas ou galeguistas. Ata o 2001 había censado 2.141 exiliados galegos. Tanto cronoloxicamente coma na tipoloxía da fuxida pódense dividir en distintos grupos, así como nos destinos do exilio (México, Arxentina, Francia, Unión Soviética, Cuba, Venezuela etc.).