Wikipedia:Liberdade de Panorama en Europa 2015/FAQ

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Esta páxina contén preguntas frecuentes sobre a situación. Engade as túas preguntas e respostas nesta páxina.

Que é a Liberdade de Panorama?
A Liberdade de panorama é unha disposición das leis de copyright que permite facer fotos ou vídeos, ou crear outras imaxes (como cadros), de edificios e algunhas veces esculturas e outra arte que está situada de forma permanente nun lugar público, sen infrinxir ningún copyright que podería doutra forma subsistir neses traballos, e publicar esas imaxes. (Vexa máis →)
Que países da UE teñen actualmente Liberdade de Panorama?
Austria, Croacia, República Checa, Dinamarca*, Finlandia*, Alemaña, Hungría, Irlanda, Malta, Holanda, Polonia, Portugal, Eslovaquia, España, Suecia, e Gran Bretaña. (* = só para edificios, non para esculturas)
Que países da UE non teñen actualmente Liberdade de Panorama?
Bélxica, Bulgaria, Chipre, Estonia, Francia, Grecia, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Romanía, e Eslovenia.
Onde podo ler máis información?