Wikipedia:Imaxe da semana/Propostas/Ficheiro:Pontevedra. Igrexa de Placeres.jpg
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo. Resultado: 1 en contra. Non se elixe como imaxe da semana.
Ficheiro:Pontevedra. Igrexa de Placeres.jpg[editar a fonte]
Ficheiro:Pontevedra. Igrexa de Placeres. Retocada.jpg|300px|retocada
- Información: Igrexa de Praceres, Pontevedra. Vexa as imaxes de igrexas de Pontevedra. Imaxe creada e cargada en Fickr por Juan Mejuto; proposta por Lmbuga. -- Lmbuga / Conversa comigo 12:24, 13 marzo 2010 (UTC)
Concordo. -- Lmbuga / Conversa comigo 12:24, 13 marzo 2010 (UTC)
- En contra
Discordo. Tras ver a imaxe con gran detalle ten demasiados defectos, especialmente por estar demasiado comprimida (presenza de artefactos por comprensión jpg evidentísimos co zoom ó 200%), ter tamaño pequeno, ter perda de detalle nas zonas escuras,priman os azuis para potenciar o ceo... Non me parece adecuada. Traballeina Ficheiro:Pontevedra. Igrexa de Placeres. Retocada.jpg, pero non me parece bo o resultado.
- Comentarios
- Comentario Propoño a foto pola singularidade arquitectónica da igrexa e por ser unha imaxe moi correcta no tratamento da perspectiva. Recoñezo que é posible aclarar as zonas escuras, inda quenon doado, pois é moi fácil pasarse. Se se desexa, inténtoo para que as zonas escuras teñan maior definición-- Lmbuga / Conversa comigo 12:35, 13 marzo 2010 (UTC)
- Comentario. Pois inténtao, Lmbuga. A ver que pasa. Así para min está demasiado escura nesas zonas que mencionas. --Atobar (conversa comigo) 13:37, 13 marzo 2010 (UTC)
- Comentario Eu votar non voto, que logo teño pesadelos, pero comento. O motivo da foto é unha desas pequenas e graciosas igrexinas rurais que tanto me gustan polo que teñen de inxenuas e de domésticas, neste caso a pesar da súa linguaxe formal académica neo-pseudo-gótica. A composición da igrexa é de directriz vertical, e todo o que hai na foto semella secundar esa verticalidade, salvo o valadiño que pecha o adro e que se deixa ver pouco, e non me estraña, a ver quen lle leva a contraria á agulla da torre, que parece que pincha. No que se refire ao fotógrafo, é boa sinal que soubese captar iso da verticalidade, do eixo central, da fuga no ceo, e ata quere subliñalo facendo coincidir o eixo de simetría da fachada co da foto (un pouco escorado quedoulle, pero non lle imos facer un feo por iso). Todo isto sería de aplaudir se a toma fose frontal, pero non o é, que é así como de esguello, e iso é o que descompensa as tensións: pola dereita a ábsida, umbrosa, desaparece tras do borde da foto, e os ollos pasan páxina buscándoa, pero en vao; pola esquerda unha manchea de cousas menos suxerintes que a ábsida inesperadamente ausente fan ao observador preguntarse onde foi o que o fotógrafo retratou, porque aquilo non podía ser. En fin, un encadre que aporta pouco equilibrio á miña alma. Todo por manter a simetría, o formato cadrado da imaxe e as eternais e nunca ben ponderadas regras de composición vitrubiana. --Xoacas(Góstache o pemento?) 22:28, 14 marzo 2010 (UTC)