Wikipedia:Imaxe da semana/Propostas/Ficheiro:Zapateiro, Baralla.jpg
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo. Resultado: 6 a favor, 1 en contra.
Ficheiro:Zapateiro, Baralla.jpg[editar a fonte]
- Información: imaxe creada por Iamato e cargada por Xoacas; proposta por Xoacas. --Xoacas(Góstache o pemento?) 22:49, 21 febreiro 2010 (UTC)
- A favor
- Concordo. --Xoacas(Góstache o pemento?) 22:49, 21 febreiro 2010 (UTC)
- Concordo. Elvira (conversa comigo) 14:30, 24 febreiro 2010 (UTC)
- Concordo. E gústame o que propón Lmbuga. --Atobar (conversa comigo) 14:44, 24 febreiro 2010 (UTC)
- Concordo. Por min que non sexa (quero dicir que sexa)-- Lmbuga / Conversa comigo 19:59, 24 febreiro 2010 (UTC)
- Concordo Unha vez intentei fotografar zapateiros para un traballo, e non me foi nada sinxelo sacar boas imaxes, e esta é excelente, polo que lle vexo moito mérito. --Alberte Si, dígame? 16:26, 27 febreiro 2010 (UTC)
- Concordo Pedro --Lameiro (conversa) 11:38, 28 febreiro 2010 (UTC)
- En contra
- Discordo. A min non me parece que sea unha boa imaxe (claridade, nitidez, limpeza, encadre ...), nin sequera para Tensión superficial (para iso as hai moito mellores en Commons). E, como xa dixen noutra votación, estanse elixindo moitas imaxes de entomoloxía para a portada, e penso que nunha enciclopedia hai milleiros de temas que tocar sen ter que repetir sempre os mesmos. --HombreDHojalata conversa 12:25, 28 febreiro 2010 (UTC).
- Neutro
{{Neutro}} polo de agora. Encántame a imaxe inda que ten deficiencias de nitidez, pero non a vexo adecuada para a portada porque o obxecto que achega non vai resultar recoñecible cun simple golpe de vista, é dicir, chama pouco a atención. Quizais axudaría citar na lenda da imaxe o artigo Tensión superficial pois esa circunstancia si se percibe de boas a primeiras. Se a lenda da imaxe se centra na tensión superficial, estaría algo ou bastante de acordo en votar a favor -- Lmbuga / Conversa comigo 17:38, 22 febreiro 2010 (UTC)
- Concordo niso. O da tensión superficial dalle un aquel de dramatismo moi queer. Gústame moito a idea. --Xoacas(Góstache o pemento?) 21:20, 22 febreiro 2010 (UTC)
- Comentarios
Comentario A imaxe dun zapateiro xa foi Wikipedia:Imaxe_da_semana/4_2006. --HombreDHojalata conversa 23:10, 1 marzo 2010 (UTC).
Comentario Falamos de que esta imaxe podería ser imaxe da semana máis de catro anos despois desoutra miña que foi imaxe da semana (imaxe de pobre calidade, pero que para o que había de aquela era digna de consideración). Non comprendo. Non comprendo. Non é que non comprenda que os máis dos editores da Galipedia nin saiban da miña imaxe do zapateiro, pois catro anos son moito tempo, o caso é que non comprendo que iso poida ser unha obxección, porque as persoas que se acheguen á portada non van, abofé, lembrar a imaxe que había fai máis de catro anos-- Lmbuga / Conversa comigo 21:38, 19 marzo 2010 (UTC)
- Penso que deixei moi clariño cales eran os meus motivos para votar, absolutamente diferenciados do comentario, que está bastante claro que é iso, un comentario engadido. Pídoche por favor que deixes de manipular. Grazas. --HombreDHojalata conversa 10:35, 20 marzo 2010 (UTC).
Comentario Por certo, votei a favor da imaxe por mor do da tensión superficial, pero para min é unha mala imaxe. Non me gusta nada. Retiro o voto, se é que estu a tempo-- Lmbuga / Conversa comigo 21:42, 19 marzo 2010 (UTC)
- Desculpa, e desculpade todos, non me aclaro con esta imaxe. Non me acaba de convencer, pero manteño o voto-- Lmbuga / Conversa comigo 18:29, 21 marzo 2010 (UTC)