Wikipedia:Elección de administradores/Administradores voluntarios ao proceso de reválida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os seguintes administradores e burócratas listados na táboa son voluntarios para un proceso de reválida dos seu permisos de administración en base ó consenso por parte dun número suficiente de usuarios. Os criterios, detalles e procedemento desta reválida quedan baixo a decisión de cada un dos administradores, xa que a participación neste proceso é completamente voluntaria e non vinculante:

  • Voluntaria significa que en calquera momento un administrador pode cambiar os criterios indicados para a súa reválida (agás que haxa un proceso en curso para dito administrador), declinar a súa participación no mesmo ou retirar a súa declaración de participación no proceso.
  • Non vinculante significa que se se cumpren os criterios indicados polos administradores non se procederá a retirada dos permisos directamente como no proceso de revogación estándar. Debe ser o propio administrador o que avalíe o resultado e quen presente a súa renuncia se así o considera.

Os termos, prazos, criterios, requisitos e proceso para a reválida decídeos e defíneos cada un dos administradores apuntados nesta páxina, de forma individual. Recoméndase que os administradores que queiran someterse a unha reválida indiquen claramente os detalles do proceso nesta lista ou nunha páxina ou subpáxina de usuario propia.

Criterios[editar a fonte]

Administrador/Burócrata Criterios Notas
Banjo (conversa · contribucións) Mesmo proceso que na petición de revogación oficial, pero calquera usuario que cumpla o mínimo para votar pode comezar directamente o proceso de votación sen requerirse un proceso de petición previo. De forma semellante ó proceso de revogación oficial, o proceso de reválida debe ir acompañado do/s motivo/s correspondente/s polos que se considera axeitado.

Véxase tamén[editar a fonte]