Wikipedia:Artigo destacado/xuño 2015

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Rafael Nadal Parera, nado o 3 de xuño de 1986 en Manacor (Mallorca), é un tenista español, actual número 10 do mundo na clasificación ATP e Premio Príncipe de Asturias dos Deportes no 2008. Campión de Roland Garros en 9 ocasións, gañador do Torneo de Wimbledon en 2008 e 2010 e onde foi outras tres veces finalista, do Aberto de Estados Unidos en 2010 e 2013 (finalista en 2011), do Aberto de Australia en 2009 (finalista en 2012 e 2014) e medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Pequín 2008. Forma parte do Equipo de Copa Davis de España desde 2004, co cal obtivo o triunfo en catro ocasións.

É o tenista con máis títulos de Masters 1000 (con 27) e o tenista español con maior número de títulos individuais, máis títulos de Grand Slam, máis títulos de Masters 1000, o que máis semanas pasou como n.º 1 da clasificación mundial da ATP e o único que gañou o Aberto de Australia e a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos.