Wikipedia:Artigo destacado/xuño 2013

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Wozzeck é unha ópera en tres actos con música de Alban Berg e libreto en alemán do propio compositor baseado na obra teatral inconclusa de Georg Büchner, Woyzeck. Trátase da primeira e máis famosa das óperas de Alban Berg. Foi estreada o 14 de decembro de 1925 na Staatsoper Unter den Linden de Berlín baixo a dirección de Erich Kleiber. É considerada por algúns académicos como a mellor ópera do século XX, e a pesar do seu estilo desafiante ocupa un sólido lugar no repertorio tradicional, representándose cada ano en diversos lugares do mundo.