Wikipedia:Artigo destacado/xuño 2008

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Historia urbana de Istambul: Istambul, situada na encrucillada de dous continentes, foi capital do Imperio Romano de Oriente, de Bizancio, capital do Imperio Otomán, e ponte entre culturas. Na historia desta cidade entrecrúzanse as civilizacións e relixións e mestúranse feitos moi diversos que amosan a importancia deste enclave urbano ao longo da historia. Da man da súa privilexiada posición xeográfica e unha posible futura integración de Turquía na Unión Europea, a metrópole na que se ten convertido tenta atopar o seu lugar coma cidade global.