Wikipedia:Artigo destacado/setembro 2013

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A pesar de ser relativamente recente o método científico (concibido na revolución científica do século XVII), a historia da ciencia non se interesa unicamente polos feitos posteriores a dita ruptura. Polo contrario, intenta rastrexar os precursores da ciencia moderna até os tempos prehistóricos, xa que está intimamente ligada á historia das sociedades e das civilizacións. A historia da ciencia dá conta do desenvolvemento humano, marcado polos sucesivos cambios de paradigmas sobre a natureza, cambios que, á súa vez, están marcados polo continuo refinamento do coñecemento adquirido e polo desenvolvemento tecnolóxico, acelerado desde a aparición do método científico na chamada revolución científica.