Wikipedia:Artigo destacado/febreiro 2010

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Decorative toilet seat.jpg

O retrete, inodoro ou váter é un elemento sanitario empregado para recoller e evacuar os excrementos humanos a fin de dirixilos cara a unha instalación de saneamento (mediante un peche de sifón de auga limpa); así mesmo impide a saída dos cheiros da cloaca cara aos espazos habilitados para a micción e defecación. Xeralmente os inodoros fabrícanse de porcelana, aínda que tamén poden atoparse de louza ou de aceiro inoxidábel. Por outra banda, o termo retrete, por extensión, tamén pode facer referencia xa non só ao elemento sanitario en si mesmo, senón ao cuarto enteiro onde están dispostas as instalacións sanitarias e que polo tanto é o recuncho destinado á evacuación das necesidades.