Wikipedia:Artigo destacado/abril 2006

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Watchmen (Vixilantes) é un cómic de superheroes da editorial DC Comics, escrito por Alan Moore e debuxado por Dave Gibbons.

Foi publicado inicialmente coma serie limitada de 12 números entre 1986 e 1987 e posteriormente recompilado como novela gráfica e está considerado como un dos cómics máis revolucionarios da historia.

A obra gañou numerosos premios Kirby e Eisner, ademais de ser a única novela gráfica en gañar un premio Hugo. En 2005, a Revista Time incluíuna na lista das 100 mellores novelas de entre 1923 e a actualidade.