Weird Revolution

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Weird Revolution
Álbum de Butthole Surfers
Publicado28 de agosto de 2001
Duración45:14
Xénero(s)rock alternativo, rock psicodélico, hip hop alternativo
Selo(s)Surfdog Records, Hollywood Records
Producido porPaul Leary, Rob Cavallo
Cronoloxía
After the Astronaut Weird Revolution Humpty Dumpty LSD

Weird Revolution é o oitavo álbum da banda de rock alternativo Butthole Surfers, publicado o 28 de agosto de 2001 a través dos selos Surfdog Records e Hollywood Records. En gran parte é unha versión regravada dun traballo anterior, co título provisional After The Astronaut, que foi abandonado en 1998.

A edición orixinal deste álbum contaba cunha portada lenticular e unha caia de plástico que amosa as extremidades do bebé movéndose e disparando un raio a outros avións da portada. A canción "They Came In" apareceu na banda sonora da película Mission: Impossible II e o tema "The Shame of Life" no trailer de Phone Booth.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

  1. "The Weird Revolution" (Butthole Surfers)– 3:36
  2. "The Shame of Life" (Butthole Surfers, Gibson J. Haynes, Robert J. Ritchie) – 3:54
  3. "Dracula from Houston" (Nathan Calhoun, Haynes)– 3:42
  4. "Venus" (Butthole Surfers) – 3:55
  5. "Shit Like That" (Butthole Surfers) – 3:18
  6. "Mexico" (Butthole Surfers) – 3:50
  7. "Intelligent Guy" (Haynes) – 3:04
  8. "Get Down" (Butthole Surfers) – 5:29
  9. "Jet Fighter" (Butthole Surfers) – 2:57
  10. "The Last Astronaut" (Butthole Surfers) – 4:07
  11. "Yentel" (Haynes) – 3:22
  12. "They Came In" (Butthole Surfers, Haynes) – 22:23 / "Untitled Track" despois de 17:52 - 0:29