Web SQL

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A base de datos Web SQL é unha API web empregada para almacenar información en bases de datos que poden ser lidas mediante unha variación do linguaxe SQL.[1][2] Esta API é soportada polo Google Chrome[3], Opera[4], Safari[4] e o navegador de Android.

O consorcio W3C deixou de traballar na estandarización das Bases de Datos Web SQL en novembro do 2010, citando a falta de implantacións independentes (i.e. o uso do sistema en escenarios de backend, diferentes de SQLite) coma a razón de que a especificación non acadara o categoría de recomendación por parte da W3C.[1]

A corporación Mozilla foi unha das voces máis importantes na ruptura das negociacións e declarando o estándar obsoleto, propoñendo ó mesmo tempo unha alternativa de almacenamento: as bases de datos IndexedDB.[5][6]

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Web SQL Database (W3C Working Group Note)". W3.org. Consultado o 2011-10-25. 
  2. Nelson, Anne Fulcher, and Nelson, William Harris Morehead. (2001). Building Electronic Commerce with Web Database Constructions. Boston, MA: Addison Wesley.
  3. Fette, Ian (2010-01-25). "Chromium Blog: More Resources for Developers". Blog.chromium.org. Consultado o 2013-09-07. 
  4. 4,0 4,1 "Can I use Web SQL Database". Caniuse.com. Consultado o 2013-09-07. 
  5. "Why is WebSQL database deprecated?". Programmers Exchange. 
  6. "Beyond HTML5: Database APIs and the Road to IndexedDB". Mozilla Corporation. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]