Wanda (cráter)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Akna Montes
Imaxe de radar da parte norte de Akna Montes, o elemento circular da imaxe é o cráter Wanda
Tipo de accidente xeolóxico Montes
Accidente xeolóxico de Venus
Diámetro 21,7 km [1]
Altitude ?
Coordenadas 71,3° N 323,1° E[1]
Procedencia do nome nome de pila polaco.[1]

Wanda é un cráter de impacto situado dentro dos Akna Montes, en Venus; foi mapeado por primeira vez polas sondas soviéticas Venera 15/16 durante o ano 1984. A súa formación foi debido ó impacto dun asteroide. O cráter ten un pico central moi escabroso e un chan suave e escuro visto a ollos do radar, ese ton escuro do chan é probablemente a consecuencia de material volcánico. O cráter non semella ter sido deformado excesivamente polos movementos posteriores da codia da superficie de Venus que elevaron os Akna Montes e arrugaron parcialmente as chairas de Lakshmi Planum. Aínda que semella que material procedente da cadea montañosa que está o oeste, se colapsou parcialmente sobre o cráter. Tamén se poden apreciar pequenos fuchancos no norte do cráter que poderían ser fosas de varios quilómetros de ancho, formadas coma consecuencia do colapso de parte das capas superficiais do chan do cráter.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Gazetteer of Planetary Nomenclature. "Planetary Names: Crater, craters: Wanda on Venus". Consultado o 20-11-2011. 
  2. NASA/JPL. "PIA00250: Venus - Wanda Crater in Akna Montes". Consultado o 20-11-2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]