Akna Montes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Akna Montes
Akna montes PIA00250.jpg
Imaxe de radar da parte norte de Akna Montes, o elemento circular da imaxe é o cráter Wanda
Tipo de accidente xeolóxico Montes
Accidente xeolóxico de Venus
Lonxitude 830 km [1]
Altitude ?
Coordenadas 68,9° N 318,2° E[1]
Procedencia do nome deusa maia do nacemento.[1]

Os Akna Montes son unha cadea montañosa que está situada na marce occidental da planicie de Lakshmi Planum de Venus,[2] este macizo montañoso está centrado sobre as coordenadas 68,9° N 318,2° E e ten 830 km de longo.[1]

Está cadea montañosa leva dirección norte-sur ó longo da marxe occidental da planicie elevada de Lakshmi Planum. A planicie de Lakshmi Planum foi o resultado de masivas erupcións volcánicas e está rodeada por todos lados de cadeas montañosas coma os Akna Montes, os Freyja Montes ou os Maxwell Montes. As chairas aparecen deformadas preto das montañas. Isto suxire que existiu algún tipo de actividade de formación deste macizo montañoso despois de que se formasen as chairas.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Gazetteer of Planetary Nomenclature. "Planetary Names: Mons, montes: Akna Montes on Venus". Arquivado dende o orixinal o 14-12-2012. Consultado o 20-11-2011. 
  2. NASA/JPL. "Perspective View of Ishtar Terra". Consultado o 20-11-2011. 
  3. NASA/JPL. "PIA00250: Venus - Wanda Crater in Akna Montes". Consultado o 20-11-2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]