Walter Houston Clark

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Walter Houston Clark
Nacemento15 de xullo de 1902
 Condado de Union
Falecemento15 de decembro de 1994
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade Harvard
Ocupaciónpsicólogo
editar datos en Wikidata ]

Walter Houston Clark, nado en Westfield o 15 de xullo de 1902 e finado en Cape Elizabeth o 15 de decembro de 1994 foi un psicólogo estadounidense especializado en psicoloxía da relixión.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Doutorouse en psicoloxía por Harvard e xa viña dando clase de inglés nunha escola de Lenox que tamén axudara a fundar en 1926, logo continuou como profesor de psicoloxía no Seminario de Hartford (1951-1962) e desde 1962 ata o seu retiro en 1967 na Escola Teolóxica Andover Newton. O seu primeiro libro foi un traballo sobre o Grupo de Oxford, The Oxford Group: Its History and Significance (1951), foi tamén o autor dun libro de texto de psicoloxía da relixión, The Psychology of Religion; An Introduction to Religious Experience and Behavior publicado en 1958. Posteriormente quedou moi influído polo que se denominou revolución psicodélica e a súa relación coa experiencia mística avogando polo consumo responsable de drogas como unha fonte para intensas experiencias relixiosas que tiraba o que xa estaba no interior da persoa cara ao exterior e que plasmou no libro Chemical Ecstasy: Psychedelic Drugs and Religion de 1969 e en Religious Experience: Its Nature and Function in the Human Psyche (1973), onde recolleu varios textos sobre o uso de substancias psicodélicas. Foi presidente da Academy of Religion and Psychical Research (1973)