Walter Bruch

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Walter Bruch
Olympia-Kanone 1936.jpg
Nacemento2 de marzo de 1908
 Neustadt an der Weinstraße
Falecemento5 de maio de 1990
 Hannover
NacionalidadeAlemaña
Ocupacióninventor, engenheiro elétrico e enxeñeiro
PremiosKnight Commander's Cross of the Order of Merit of the Federal Republic of Germany, Great Golden Medal of Honour for Services to the Republic of Austria, Anel Werner von Siemens, Bavarian Maximilian Order for Science and Art e medalla Karmarsch
editar datos en Wikidata ]

Walter Bruch, nado o 12 de marzo de 1908 en Neustadt an der Weinstrasse e finado o 5 de maio de 1990 en Hannover, foi un enxeñeiro alemán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Walter Bruch operando a Olympia-Kanone durante os Xogos Olímpicos de Berlín (1936)

Bruch comezou a traballar en Telefunken en 1935 traballando no deseño dunha cámara iconoscópica, a Olympia-Kanone, que o propio Bruch operou durante os Xogos Olímpicos de Berlín de 1936. Na Segunda Guerra Mundial operou un circuíto pechado de televisión para monitorizar os lanzamentos dos V-2 en Peenemünde, porén o traballo máis notable de Bruch é o desenvolvemento do sistema de codificación de televisión en cor PAL nos laboratorios de Telefunken a comezos da década de 1960. Foi tamén profesor na Universidade Técnica de Hannover e en 1975 recibiu o premio Werner-von-Siemens-Ring.