Walter Aduviri Calisaya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaWalter Aduviri Calisaya

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de agosto de 1980 Editar o valor em Wikidata (43 anos)
Distrito de Santa Rosa, Perú Editar o valor em Wikidata
Q57388020 Traducir
1 de xaneiro de 2019 – 10 de marzo de 2020
← Juan Luque MamaniAgustín Luque Chayña → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePerú Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Nacional do Altiplano de Puno - Doutoramento Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncontable , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Walter Aduviri Calisaya, nado no distrito de Santa Rosa o 8 de agosto de 1980, é un contador público e político peruano. Foi Gobernador Rexional de Puno dende o 1 de xaneiro de 2019 até o 10 de marzo de 2020.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cursou os seus estudos primarios e secundarios na localidade de Mazocruz. Entre 2000 e 2005 cursou estudos superiores de contabilidade na Universidade Andina Néstor Cáceres Velásquez e, entre 2011 e 2013, fixo o doutoramento en contabilidade e administración na Universidade Nacional do Altiplano de Puno.[1]

En maio do 2011, Aduviri foi un dos líderes dunha protesta social no departamento de Puno cualificada como o "Aymarazo" que ocasionou desfeitas nas sedes de entidades públicas e privadas principalmente na cidade de Puno, capital departamental. O motivo da protesta foi a promulgación do Decreto Supremo N° 083 no segundo goberno de Alan García Pérez, que autorizaba as operacións da empresa canadense Bear Creek Mining Corporation e o seu proxecto mineiro Santa Ana no distrito de Huacullani, provincia de Chucuito, no departamento de Puno. Nese momento, Aduviri era presidente da denominada "Fronte de Defensa dos Recursos Naturais da Zona Sur de Puno".[2]

Carreira política[editar | editar a fonte]

Candidato ao Goberno Rexional de Puno[editar | editar a fonte]

A súa primeira participación política foi nas eleccións rexionais do 2014 nas que se presentou como candidato á presidencia do Goberno Rexional de Puno polo partido Democracia Directa quedando en segundo lugar tras perder a segunda volta electoral co logo presidente rexional Juan Luque Mamani.

Gobernador Rexional de Puno[editar | editar a fonte]

Volveu ser candidato nas eleccións rexionais do 2018, desta volta polo Movemento de Integración polo Desenvolvemento Rexional ("Mi Casita") que el mesmo fundou, obtendo a elección en primeira volta.[3][4]

Por mor da condena que recibiu polo Aymarazo, Aduviri foi cesado da gobernación rexional en marzo do 2020, sendo substituído polo seu vicepresidente Agustín Luque Chayña. En decembro do 2020, tras a modificación da sentenza que motivou que Aduviri saíse do penal, o Consello Rexional anulou a súa suspensión.[5]

Detención e controversias[editar | editar a fonte]

O 14 de agosto de 2019, o Poder Xudicial ditou seis anos de prisión contra Aduviri como coautor non executivo do delito contra a tranquilidade pública no chamado caso 'Aymarazo', unha protesta socio-ecolóxica contra a mineira efectuada en maio de 2011 cando Aduviri rodeou a rexión e se realizaron atentados contra institucións públicas.[6] Finalmente, o 25 de agosto, foi capturado por comandos policiais na porta dun hotel no Distrito de La Victoria, sendo posteriormente trasladado á Dirincri da Avenida España para as respectivas dilixencias do seu proceso penal.[7] Aduviri estivo preso dende o 25 de agosto de 2019 até o 11 de decembro do 2020 debido a que a súa sentenza de seis anos de prisión foi modificada pola Corte Suprema a 4 anos de prisión suspendida.[5][8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Hoja de vida del candidato". Infogob. 2014. Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2021. Consultado o 24 de xaneiro de 2023. 
  2. "Histórica protesta antiminera del “Aymarazo” llegó a su fin". RPP Noticias. 6 de xullo de 2017. 
  3. "Elecciones 2018: Walter Aduviri, virtual gobernador de Puno, tendrá nuevo juicio". El Comercio. 10 de outubro de 2018. Consultado o 11 de outubro de 2018. 
  4. "Walter Aduviri - Procesos Electorales". Infogob. 
  5. 5,0 5,1 Fernández, Liubomir (24 de decembro de 2020). "Puno: anulan suspensión de gobernador Walter Aduviri". La República. 
  6. https://peru21.pe/ (ed.). "Capturan a prófugo gobernador regional de Puno, Walter Aduviri [VIDEO]". Consultado o 24 de xaneiro de 2023. 
  7. a prófugo gobernador regional de Puno, Walter Aduviri[Ligazón morta]
  8. "Corte Suprema ordena poner en libertad a Walter Aduviri, gobernador de Puno". La República. 9 de decembro de 2020.