WSDL
WSDL é o acrónimo da expresión inglesa Web Services description language (Linguaxe para a descrición de Servizos Web en tradución literal ó galego). Trátase dun estándar definido para facilitar a comunicación web entre sistemas informáticos.
Orixe
[editar | editar a fonte]O estándar WSDL foi definido pola organización W3C para facilitar a comunicación entre sistemas informáticos. Coa universalización do acceso á Internet por parte das diferentes plataformas surdiu unha nova necesidade: a de interconectar plataformas con diferentes sistemas operativos e a de facilitar o acceso universal ás aplicacións web fornecidas por diversos sistemas de comunicacións. En xuño do 2007, publicouse a versión 2.0, ata o de agora, a última publicada.[1]
Características
[editar | editar a fonte]Para a utilización deste estándar, creánse arquivos coa extensión .wsdl en formato XML. Este arquivo, estruturado e seguindo as convención definidos pola W3C, é autocontido. É dicir, nel defínese con exactitude o servizo web en cuestión: como acceder a el, a información que se fornece, os tipos de variable empregadas, etc. Cada arquivo WSDL estrutúrase en catro partes básicas, tamén coñecidas coma Elementos e que se delimitan por <>:
- <types>: nesta seción defínense as variables que se empregan no servizo web
- <message>: defínense os elementos de datos a empregar para cada unha das operacións que se realizan no servizo web
- <portType>: descríbense as operacións que se poden realizar no servizo web e as mensaxes a empregar para cada unha das operacións
- <binding>: descríbense o protocolo e o formato a seguir para cada unha das operacións do servizo web
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Descrición da versión 2.0 do estándar WSDL no sitio web W3C". Consultado o 4 de novembro de 2017. (en inglés)