Wind (satélite)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "WIND")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Wind
Wind probe.jpg
Representación de Wind
TipoCientífico
FabricanteLockheed Martin Astro
OrganizaciónNASA
Destino actualEn órbita terrestre.[1]
Data de lanzamento1 de novembro de 1994, 9:31 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorDelta 7925[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla LC-17B[3][6]
Obxectivo da misiónEstudo da magnetosfera terrestre e a súa interacción co Sol.[3][6]
NSSDC ID1994-071A
Masa1250,0 kg[3]
DimensiónsCilindro de 2,8 m de diámetro e 1,25 m de altura.[3]

Wind ou WIND é un satélite artificial da NASA lanzado o 1 de novembro de 1994 mediante un foguete Delta 7925 desde o Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral para estudar a magnetosfera terrestre e a súa interacción co Sol.[2][3][5][6]

Características[editar | editar a fonte]

Wind foi unha das catro naves do programa GGS (Global Geospace Science), á súa vez parte das seis naves do programa ISTP (International Solar Terrestrial Physics) dirixido ó estudo da interacción entre a Terra e o Sol. O resto de naves eran Geotail, POLAR (xemela de Wind), SOHO e Cluster.[3][5][6]

A misión de Wind foi estudar o vento solar, os [[[Campo magnético|campos magnéticos]] e as partículas arredor da Terra. Wind ten forma de cilindro de 2,8 m de diámetro e 1,25 m de altura con células solares recubriendo a superficie. A nave ten unha masa de 1250 kg e estabilízase mediante xiro a 20 r.p.m. Dispón de antenas de cable, mastros inerciais soportes para instrumentos no plano de xiro.[3][5][6]

Durante os primeiros nove meses a nave foi posta nunha órbita de dobre sobrevoo luar cerca do plano da eclíptica, cun apoxeo de entre 80 e 250 radios terrestres e un perixeo de entre 5 e 10 radios terrestres. Nesta órbita o apoxeo producíase sobre o hemisferio diúrno da Terra, facilitando as observacións magnetosféricas. Despois Wind foi insertada nunha órbita de halo arredor do punto L1 do sistema Terra-Sol, onde as medicións do vento solar, das partículas e do campo magnético podían facerse de maneira continua.[3][5][6]

Instrumentos[editar | editar a fonte]

Wind levaba os seguintes instrumentos a bordo:[3][5][6]

  • EPACT (Energetic Particle Acceleration, Composition and Transport): deseñado para estudar os procesos de aceleración e transporte de partículas nas fulguracións solares, o medio interplanetario, as magnetosferas planetarias e os raios cósmicos galácticos.
  • Magnetic Field Investigation (MFI): magnetómetros para investigar as estruturas a gran escala e as fluctuacións características do campo magnético interplanetario.
  • Radio and Plasma Wave Experiment (WAVES): usado para medir a intensidade e dirección das ondas de radio e plasma orixinadas polo vento solar nas proximidades da Terra.
  • Solar Wind Ion Composition Spectrometer (SWICS) / Suprathermal Ion Composition Spectrometer (STICS): instrumento deseñado para medir con detalle a composición do vento solar.
  • Solar Wind Experiment (SWE): espectrómetro de electróns de seis eixos para medir a velocidade tridimensional de ións e electróns.
  • Transient Gamma Ray and EUV Spectrometer (TGRS): feito para observar a alta resolución os raios gamma transitorios.
  • 3-D plasma and energetic particle analyzer (3DP): medía a distribución tridimensional do plasma e dos ións e electróns enerxéticos con alta resolución angular, temporal e enerxética.
  • Detectores de raios gamma KONUS.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "WIND" (en inglés). Consultado o 1 de abril de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 18 July 1995 from the Alternate Permanent Representative of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (95-56290T). 27 de xullo de 1995: 4. Consultado o 1 de abril de 2018. 
  3. 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 3,10 NASA (27 de abril de 2016). "Wind" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2017. Consultado o 1 de abril de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "WIND" (en inglés). Consultado o 1 de abril de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Wind" (en inglés). Consultado o 1 de abril de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 Mark Wade (2011). "Wind" (en inglés). Consultado o 1 de abril de 2018.