POLAR

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Polar
Polar line drawing.jpg
Modelo do satélite Polar
TipoCientífico
FabricanteLockheed Martin Astro
OrganizaciónNASA
Destino actualEn órbita terrestre.[1]
Data de lanzamento24 de febreiro de 1996, 11:24 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorDelta 7925[3][5]
Sitio de lanzamentoBase Vandenberg da Forza Aérea, rampla SLC-2W[3][6]
Obxectivo da misiónEstudo da magnetosfera terrestre e a súa interacción co Sol.[3][6]
NSSDC ID1996-013A
Masa1300,0 kg[3]
DimensiónsCilindro de 2,8 m de diámetro e 1,25 m de altura.[3]
Potencia333 vatios[3]
Datos orbitais
Semieixo maior35491 km[1]
Inclinación78,3 graos[1]
Apoapse55.688,1 km[1]
Periapse2553,0 km[1]

Polar ou POLAR é un satélite artificial da NASA lanzado o 24 de febreiro de 1996 mediante un foguete Delta 7925 desde a Base Vandenberg da Forza Aérea para estudar a magnetosfera terrestre e a súa interacción co Sol.[2][3][5][6]

Características[editar | editar a fonte]

POLAR foi unha das catro naves do programa GGS (Global Geospace Science), á súa vez parte das seis naves do programa ISTP (International Solar Terrestrial Physics) dirixido ó estudo da interacción entre a Terra e o Sol.[3][5][6]

A misión de POLAR foi estudar as auroras polares, medir a interacción do plasma na zona polar da magnetosfera terrestre e a cola xeomagnética, o fluxo de plasmas cara e desde a ionosfera e a introdución de enerxía procedende das partículas solares na ionosfera e a atmosfera superior.[3][5][6]

Nave[editar | editar a fonte]

POLAR ten forma de cilindro de 2,8 m de diámetro e 1,25 m de altura con células solares recubriendo a superficie e producindo ata 333 vatios de potencia. A nave ten unha masa de 1250 kg e estabilízase mediante xiro a 10 r.p.m. Dispón de antenas de cable, mastros inerciais soportes para instrumentos no plano de xiro.[3][5][6]

A nave leva dúas plataformas de contrarrestación de xiro para instrumentos que necesitan situarse estaticamente. Os datos gardábanse en dúas grabadoras de a bordo e transmitíanse a terra a un máximo de 600 kbps e máis habitualmente a 250 kbps, aínda que a velocidade media de envío en tempo real era de 41,6 kbps.[3][5][6]

Aínda que foi deseñada para durar entre 3 e 5 anos, POLAR funcionou durante 12 anos ata que foi desactivada en 2008.[3][5][6]

Instrumentos[editar | editar a fonte]

POLAR levaba os seguintes instrumentos a bordo:[3][5][6]

  • Plasma Wave Investigation (PWI): fai medicións das ondas de plasma nas zonas de altas latitudes aurorais, as zonas diúrnas de cúspide magnética e a plasmasfera.
  • Fast Plasma Analyzer (HYDRA): mide os cambios tridimensionais rápidos na distribución dos ións e electróns de moi baixa enerxía.
  • Experimento de Campo Magnético: un magnetómetro para medir os campos magnéticos nas zonas polares da magnetosfera.
  • Toroidal Imaging Mass-Angle Spectrograph (TIMAS): mide a distribución tridimensional dos ións na magnetosfera.
  • Instrumento de Campo Eléctrico (EFI): mide as tres compoñentes do vector campo eléctrico e a densidade de electróns termais.
  • Thermal Ion Dynamics Experiment (TIDE) e Plasma Source Instrument (PSI): trazan o fluxo de plasma ionosférico a través da magnetosfera.
  • Cámara Ultravioleta (UVI): cámara sensible ao ultravioleta remoto cun campo de visión de 8 graos para observar tanto o lado diúrno como nocturno da Terra e medir o efecto da enerxía solar nas rexións polares terrestres.
  • Sistema de Imaxe Visible: conxunto de tres cámaras deseñado para fotografiar auroras polares.
  • Experimento Polar Ionosférico de Imaxe en Raios X (PIXIE): mide a distribución espacial e temporal da variación das emisións de raios X no rango entre 3 e 60 keV da atmosfera terrestre.
  • Charge and Mass Magnetospheric Ion Composition Experiment (CAMMICE): mide a composición das partículas enerxéticas que se atopan na magnetosfera terrestre para identificar cales son enerxizadas e transportadas desde a súa fonte á magnetosfera.
  • Comprehensive Energetic-Particle Pitch-Angle Distribution (CEPPAD).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "POLAR" (en inglés). Consultado o 9 de xuño de 2016. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 4 June 1996 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (96-84590T). 28 de xuño de 1996: 20. Consultado o 9 de xuño de 2016. 
  3. 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 3,10 3,11 3,12 3,13 NASA (27 de abril de 2016). "Polar" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 09 de maio de 2016. Consultado o 9 de xuño de 2016. 
  4. Claude Lafleur (2010). "Polar" (en inglés). Consultado o 9 de xuño de 2016. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 5,7 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Polar" (en inglés). Consultado o 9 de xuño de 2016. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 6,8 Mark Wade (2011). "Polar" (en inglés). Consultado o 9 de xuño de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]