Voo 9268 de Metrojet
Voo 9268 de Metrojet | |
---|---|
O avión do accidente en 2014
| |
Resumo | |
Data | 31 de outubro de 2015 |
Causa | bomba |
Lugar | preto de Housna, Exipto |
Coordenadas | |
Orixe | aeroporto de Sharm El Sheikh |
Destino | aeroporto de Pulkovo |
Finados | 224 |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | Airbus A321-231 |
Operador | Metrojet |
Rexistro | EI-ETJ |
Pasaxeiros | 217 |
Tripulación | 7 |
Superviventes | 0 |
O voo 9268 de Metrojet era un servizo chárter internacional de pasaxeiros,[1] operado pola aeroliña rusa Kogalymavia (comercializada como Metrojet). O día 31 de outubro de 2015 á 06:13 EST (04:13 UTC),[2] o Airbus A321-231 que operaba a ruta quedou esnaquizado por unha bomba na península do Sinaí despois de saír do aeroporto de Sharm El Sheikh, Exipto, en ruta cara ao aeroporto de Pulkovo, San Petersburgo.[3][4][5] Os 224 pasaxeiros e tripulantes a bordo morreron.[6][7] A causa do accidente foi probablemente un dispositivo explosivo a bordo[8][9][10] como concluíron os investigadores rusos.[11]
Das 224 persoas a bordo do avión, a meirande parte delas turistas, había 212 rusos, catro ucraínos e un bielorruso. Tamén había 7 tripulantes no avión.[6] A crenza dos investigadores da posibilidade de que unha bomba fose posta no avión no aeroporto de Sharm El Sheikh fixo que varios países suspendesen os voos cara ese aeroporto.[12] Con 224 vítimas mortais,[6] o voo 9268 e o accidente con máis mortos tanto da historia da aviación rusa[13] como dentro do territorio exipcio.[14] Tamén é o peor accidente dun Airbus A321, da familia A320 e do ano 2015.[15]
Pouco despois do accidente, a rama do Sinaí do Estado Islámico, anteriormente coñecida como Ansar Bait al-Maqdis, reclamou a autoría do incidente, que ocorreu preto de onde se atopa a insurxencia do Sinaí.[16][17] O ISIS reclamou a autoría en Twitter, nun vídeo, e nunhas declaracións de Abu Osama al-Masri, o líder dos grupos da rama do Sinaí.[18][19] O ISIS publicou fotos do que dixo era a bomba en Dabiq, a súa revista en liña.[20]
O 4 de novembro de 2015, autoridades británicas e estadounidenses sospeitaron que unha bomba fora a responsable do accidente.[21] O 8 de novembro un membro anónimo do equipo de investigación exipcio dixo que os investigadores estaban un "90% seguros" de que avión caíra por unha bomba. O principal investigador Ayman al-Muqaddam dixo que outras posibles causas eran un estoupido de combustible, fatiga do metal, e baterías de litio sobrequentadas.[12] O Servizo de Seguridade Federal ruso anunciou o 17 de novembro que estaba seguro de que fora un ataque terrorista causado por unha bomba improvisada que contiña , o equivalente de ata 1 kg de TNT que foi detonada durante o voo. Os rusos dixeron que atoparan residuos de explosivos como proba. O 24 de febreiro de 2016 o presidente exipcio Abdel Fattah el-Sisi recoñeceu que o terrorismo causara o accidente.[22]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "No survivors in 'tragic scene': A Russian Airliner crashes into Sinai killing all 224 people on board". South China Morning Post (en inglés). 2015-10-31. Consultado o 2018-12-25.
- ↑ "Crash of Metrojet Flight 7K9268". Flightradar24 Blog (en inglés). 2015-10-31. Consultado o 2018-12-25.
- ↑ "Metrojet A321 over Sinai on Oct 31st 2015". The Aviation Herald. Consultado o 2018-12-25.
- ↑ "Информация по рейсу 7К-9268 Шарм-Эль-Шейх – Санкт-Петербург 31 октября 2015 / Пресс-центр Metrojet". web.archive.org. 2015-11-04. Archived from the original on 04 de novembro de 2015. Consultado o 2018-12-25.
- ↑ "Крушение российского лайнера в Египте. Хроника". РИА Новости (en ruso). 20151031T1058+0300Z. Consultado o 2018-12-25.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 "Список пассажиров и экипажа самолета Airbus A321 авиакомпании «КогалымАвиа» 7К9268". www.mchs.gov.ru. Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2017. Consultado o 2018-12-25.
- ↑ Sanchez, Raf (2015-11-01). "Russian plane crash: everything we know on Monday morning about the airliner Isil says it brought down on Egypt's Sinai Peninsula" (en inglés). ISSN 0307-1235. Consultado o 2018-12-25.
- ↑ Nov 17, The Associated Press · Posted:; November 17, 2015 3:57 AM ET | Last Updated:; 2015. "'We will find them,' Putin vows as Russia confirms bomb brought down Metrojet flight | CBC News". CBC (en inglés). Consultado o 2018-12-25.
- ↑ AM, Owen Matthews On 5/24/16 at 6:00 (2016-05-24). "The insider threat to airport security is becoming a global problem". Newsweek (en inglés). Consultado o 2018-12-25.
- ↑ Gardner, Frank (2017-04-27). "Egypt 'let down' by continued UK flight ban". BBC News (en inglés). Consultado o 2018-12-25.
- ↑ "A timeline of deadly attacks in Russia". Los Angeles Times (en inglés). ISSN 0458-3035. Consultado o 2018-12-25.
- ↑ 12,0 12,1 "Exclusive: Investigators '90 percent sure' bomb downed Russian plane". Reuters (en inglés). 2015-11-08. Consultado o 2018-12-25.
- ↑ Sputnik. "No Survivors Found at Crash Site of Russian Plane". sputniknews.com (en inglés). Consultado o 2018-12-25.
- ↑ "Investigators probe deadly Russian plane crash in Egypt". news.yahoo.com (en inglés). Consultado o 2018-12-25.
- ↑ "Search & recovery operation underway in Egypt after Russian plane crashes killing all 224 on board". RT International (en inglés). Consultado o 2018-12-26.
- ↑ "Sinai plane crash: How tragedy unfolded". BBC News (en inglés). Consultado o 2018-12-26.
- ↑ "Russian plane that crashed in Egypt 'broke up in air'". France24. Consultado o 2018-12-26.
- ↑ Amoore, Dipesh Gadher and Miles (2015-11-08). "Plane bombing mastermind unmasked as Egyptian cleric". The Sunday Times (en inglés). ISSN 0956-1382. Consultado o 2018-12-26.
- ↑ News; World; East, Israel & Middle (2015-11-09). "Abu Osama al-Masri: Portrait of the Egyptian terrorist suspected of downing Russian plane | National Post" (en inglés). Consultado o 2018-12-26.
- ↑ "Isis claims 'Schweppes can bomb' blew up Russian Metrojet flight 9268 in Egypt's Sinai - Dabiq". International Business Times UK (en inglés). 2015-11-18. Consultado o 2018-12-26.
- ↑ Halliday, Josh; Quinn, Ben (2015-11-05). "Russian plane crash in Egypt may have been result of bomb, US and UK say – as it happened". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2018-12-26.
- ↑ "gulftoday.ae | Egypt's president admits Russian plane downed by 'terrorism'". gulftoday.ae. Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2018. Consultado o 2018-12-26.