Voo 857 de All Nippon Airways
| Voo 857 de All Nippon Airways | |
|---|---|
|
Instancia de
| |
| Datas e cronoloxía | |
|
Data
| |
| Características | |
|
Nave
| |
|
Armamento
| |
|
Causado por
| |
| Implicados | |
|
Operador/a
| |
| Número de implicados | |
| Feridos | 1 |
| Mortes | 0 |
| Localización | |
|
Localización
| |
|
Lugar de saída
| |
|
Lugar de chegada
| |
|
País
| |
| Wikidata | |
O voo 857 de All Nippon Airways era un servizo regular dende o aeroporto de Haneda en Tokyo ata o aeroporto de Hakodate que foi secuestrado por un único individuo o día 21 de xuño de 1995. O avión foi abordado pola policía a mañá seguinte tras unha noite sen ningún tipo de acción, no primeiro caso no que se usou a forza para responder ao secuestro dun avión no Xapón. A abordaxe foi liderada pola policía da prefectura de Hokkaido con apoio do equipo especial de asalto da policía metropolitana de Tokyo.
Secuestro
[editar | editar a fonte]Ao redor das 11:45 a.m. o secuestrador tomou o control do Boeing 747 mentres voaba sobre a prefectura de Yamagata, e tomou os 365 pasaxeiros e tripulantes como reféns.
O secuestrador afirmou ser membro do culto relixioso Aum Shinrikyo, que estaba sendo investigado polo seu papel nos ataques con gas sarín no metro de Tokyo. O secuestrador afirmou ter explosivos plásticos e gas sarín, e usou estas afirmacións para ameazar á tripulación.
Despois de que o avión aterrase en Hakodate ás 12:42 p.m., o secuestrador demandou a liberación do líder de Aum Shinrikyo Shoko Asahara, e que o avión debería ser recargado para regresar a Tokyo. Só falou a través dos tripulantes de cabina, e negouse a que trouxesen comida ou bebida ao avión.[1]
A medida que a situación avanzaba sen progresos durante a noitiña, a policía metropolitana de Tokyo realizou unha busca de antecedentes de cada pasaxeiro e concluíu que o secuestrador era o único individuo sospeitoso a bordo. Esta conclusión foi apoiada por comunicacións do piloto e de pasaxeiros con teléfonos móbiles, que lles dixeron á policía que o secuestrador actuaba só.[2] Un dos pasaxeiros en contacto coa policía era o cantante folk Tokiko Kato, que se dirixía a un concerto en Hakodate.[3]
O día seguinte, ás 3:42 a.m., baixo a dirección do Primeiro Ministro Tomiichi Murayama, o avión foi asaltado por unidades de policía de Hokkaido e Tokyo que estiveran monitorizando o avión dende o exterior. O secuestrador foi arrestado. Un pasaxeiro resultou ferido leve e o resto resultaron ilesos.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Japanese police storm plane, grab hijacker". The Washington Post. Consultado o 2019-1-21.
- ↑ Magee, Michelle; Service, Chronicle Foreign (1995-06-22). "Police Raid Ends Japan Hijacking". SFGate. Consultado o 2019-01-21.
- ↑ "Japanese singer helps bust hijacking". UPI (en inglés). Consultado o 2019-01-21.