Saltar ao contido

Voo 7425 de Aeroflot

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 7425 de Aeroflot
 Instancia de
Datas e cronoloxía
 Data
10 de xullo de 1985 Editar o valor en Wikidata
Características
 Nave
 Número de voo
SU5143 Editar o valor en Wikidata
Implicados
 Operador/a
Número de implicados
Feridos0 Editar o valor en Wikidata
Mortes200 Editar o valor en Wikidata
Superviventes0 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Coordenadas
 Lugar de saída
 Lugar de chegada
Wikidata

O voo 7425 de Aeroflot era un servizo regular doméstico de pasaxeiros entre Karshi e Leningrado cunha escala en Ufa. O 10 de xullo de 1985 o Tupolev Tu-154B-2, con rexistro CCCP-85311, que operaba a ruta baixo a división de Uzbekistán de Aeroflot esnafrouse preto de Uchkuduk, na República Socialista Soviética de Uzbekistán, mentres voaba a segunda parte da ruta. O accidente matou os 200 ocupantes do avión.[1]

Pasaxeiros e tripulación

[editar | editar a fonte]

O voo 7425 levaba 139 adultos e 52 nenos a bordo. A tripulación de voo estaba formada polo capitán Oleg Pavlovich Belisov, o copiloto Anatoliy Timofeevich Pozjumskij, o navegante Harry N. Argeev, e o enxeñeiro de voo Abduvahit Sultanovich Mansurov. Na cabina de pasaxeiros había cinco asistentes de voo.[2]

  1. Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident Tupolev Tu-154B-2 CCCP-85311 Uchkuduk". aviation-safety.net. Consultado o 2018-12-29. 
  2. "Катастрофа Ту-154Б-2 Узбекского УГА в районе пос.Учкудук". www.airdisaster.ru. Consultado o 2019-01-17.