Voo 670A de Loganair

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 670A de Loganair
Short 360 semellante ao do accidente
Resumo
Data  27 de febreiro de 2001
Causa  dobre fallo de motor
Lugar  estuario de Forth
Coordenadas 
Orixe  aeroporto de Edimburgo
Destino  aeroporto de Belfast
Finados  2
Aeronave
Tipo de aeronave Short 360-100
Operador  Loganair
Rexistro  G-BNMT
Pasaxeiros  0
Tripulación  2
Superviventes  0

O voo 670A de Loganair era un voo regular de carga para Royal Mail dende o aeroporto de Edimburgo ata o aeroporto de Belfast. O 27 de febreiro de 2001 o Short 360 que operaba o voo esnafrouse no estuario de Forth sobre as 17:30; os corpos dos dous tripulantes foron atopados entre os restos do avión horas despois do accidente.[1]

Avión e tripulación[editar | editar a fonte]

O avión accidentado era un turbohélice Short 360-100 fabricado por Short Brothers Limited en 1987, con número de serie SH 3723 e rexistro G-BMNT. Estaba equipado con dous motores Pratt & Whitney Canada PT6A-67R. Os asentos dos pasaxeiros foran retirados para ser usado como cargueiro e o seu Certificado de Aeronavegabilidade era válido ata o 15 de outubro de 2001. O aparello estaba cargado con 1 360 kg de combustible e levaba 1 040 kg de carga, cun peso total na engalaxe de 10 149 kg. O peso máximo de engalaxe certificado do Short 360 son 12 292 kg.

A tripulación estaba formada por un piloto de 58 anos cunha licenza de transporte válida e 13 569 horas de experiencia como piloto ao mando. O copiloto tiña 29 anos, tiña tamén unha licenza válida e unha experiencia de 438 horas.[2]

Accidente[editar | editar a fonte]

Ás 17:10 hora local o primeiro oficial solicitou autorización e, tras un pequeno atraso, a tripulación rodou para saír da pista 06. Co piloto aos mandos realizouse unha engalaxe normal cunha redución de potencia habitual aos 1 200 pés. Aos 2 200 pés o copiloto seleccionou os sistemas contra o xeo mentres o piloto cambiaba a unha nova frecuencia de radio. Catro segundos despois os indicadores de torque dos dous motores caeron rapidamente a cero e a aeronave sufriu unha completa perda de pulo de hélice. Cando o primeiro oficial radiou un mayday na frecuencia do control de tráfico aéreo o piloto iniciou un descenso cunha velocidade de só 110 nós, mentres xiraba á dereita cara á costa. Decatándose de que non poderían chegar a terra preparáronse para amarar. A unha velocidade de 86 nós co morro cara a arriba uns 6,8 graos e coa á esquerda uns 3,6 graos abaixo o avión impactou contra a auga.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Plane crash crew found dead" (en inglés). 2001-02-27. Consultado o 7-12-2018. 
  2. "Death-crash airline did not know about snow danger". HeraldScotland (en inglés). Consultado o 2018-12-15.