Voo 6291 de United Express

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 6291 de United Express
Jetstream 41 semellante ao accidentado
Resumo
Data  7 de xaneiro de 1994
Causa  erro do piloto
Lugar  Gahanna, Ohio
Coordenadas  Coordenadas: 39°59′32″N 82°50′50″O / 39.99216667, -82.84716667
Orixe  aeroporto de Washington Dulles
Destino  aeroporto Port Columbus
Finados  5
Aeronave
Tipo de aeronave British Aerospace Jetstream 41
Operador  Atlantic Coast Airlines
en nome de United Express
Rexistro  N304UE
Pasaxeiros  5
Tripulación  3
Superviventes  3

O voo 6291 de United Express era un servizo regular entre o aeroporto de Washington Dulles preto de Washington, D.C. e o aeroporto Port Columbus en Columbus, Ohio. Estaba operado por Atlantic Coast Airlines no nome de United Express.

A última hora da noite do 7 de xaneiro de 1994 o British Aerospace Jetstream 41 que operaba a ruta entrou en perda e esnafrouse na aproximación ao aeroporto Port Columbus. Os dous pilotos, o asistente de voo e dous pasaxeiros morreron no accidente. Os superviventes eran unha familia taiwanesa de tres persoas.

Accidente[editar | editar a fonte]

O voo 6291 deixou a porta de embarque en Dulles ás 21:58 para o voo de 90 minutos a Columbus. A tripulación estaba formada polo capitán Derrick White, de 35 anos, o primeiro oficial Anthony Samuels, de 29, e a asistente de voo Manuela Walker, de 58. Había cinco pasaxeiros a bordo.[1]

Ás 23:10 o voo contactou co control de aproximación de Columbus. O capitán avisou o controlador de que o avión estaba descendendo dos 13 200 pés (4 000 m) aos 11 000 pés (3 400 m). O controlador asignou unha dirección de 285 graos para interceptar o ILS da pista 28L e autorizou o voo a 10 000 pés (3 000 m). Un informe meteorolóxico actualizado chegou ás 23:15, informando de nubes a 800 pés (240 m) sobre o chan, visibilidade de 2,5 millas (4 km) con neve lixeira e néboa e ventos de 4 nós a 300 graos. Autorizouse unha aproximación ILS á pista 28L ILS cando o avión pasou polo punto SUMIE. Dous minutos despois autorizouse a aterraxe na pista 28L.

O avión estaba descendendo a unha altitude de 1 250 pés (380 m) cando o axitador do mando de control se activou e soou durante 3 segundos. Un segundo e medio despois soou novamente. O avión continuou descendendo por debaixo da senda de planeo ata que chocou cun grupo de árbores co morro levantado. Parou en posición vertical nun edificio comercial, a 1,9 km da pista. Tras o impacto iniciouse un lume en ou preto do motor esquerdo que se espallou ao resto do aparello. Polo menos sobreviviron catro pasaxeiros ao impacto, porén, só tres persoas escaparon antes de que as lapas engulisen completamente o avión.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "3 in Family Escape Crash". The New York Times (en inglés). 1994-01-09. ISSN 0362-4331. Consultado o 2019-01-14. 
  2. "Fatal crash blamed on pilot". Toledo Blade. Consultado o 2019-1-14.