Voo 602 de Iberia
Voo 602 de Iberia | |
---|---|
Caravelle semellante ao accidentado
| |
Resumo | |
Data | 7 de xaneiro de 1972 |
Causa | voo controlado contra o terreo |
Lugar | serra de Atalayasa |
Orixe | aeroporto de Valencia |
Destino | aeroporto de Eivisa |
Finados | 104 |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | Sud Aviation SE 210 Caravelle |
Operador | Iberia |
Rexistro | EC-ATV |
Pasaxeiros | 98 |
Tripulación | 6 |
Superviventes | 0 |
O voo 602 de Iberia era un servizo entre o aeroporto de Valencia e o aeroporto de Eivisa. O día 7 de xaneiro de 1972 o Sud Aviation SE 210 Caravelle que operaba a ruta esnafrouse nunha montaña preto de Eivisa. Os 98 pasaxeiros e 6 tripulantes morreron no accidente.
Accidente[editar | editar a fonte]
O voo 602 era un servizo doméstico entre Valencia e Eivisa. O avión era un Sud Aviation SE 210 Caravelle, baixo o mando dun capitán de 37 anos con 7 000 horas de voo.[1][2] A bordo había 6 tripulantes e 98 pasaxeiros, a meirande parte deles valencianos que regresaban aos seus traballos en Eivisa despois das vacacións de Nadal.[1]
Ao redor das 12:15 p.m., o capitán solicitou permiso ao aeroporto de Eivisa para descender a 5 500 pés (1 676 metros). As fontes do aeroporto informaron que o capitán tamén dixo, "Preparádeme unha cervexa, estamos aquí".[1]
O avión estaba aproximándose á pista 07 cando descendeu por debaixo dos 2 000 pés (610 metros).[3] Segundo o informe do accidente, nin o capitán nin o copiloto se decataron do descenso perigoso, xa que estaban discutindo sobre un partido de fútbol co controlador da torre do aeroporto.[3] O voo 602 golpeou o monte Sa Talaiassa a uns 30 metros por debaixo do seu cumio de 462 metros.[1][4] O avión estoupou no impacto, matando os 98 pasaxeiros e 6 tripulantes a bordo.[2]
No momento do accidente, a visibilidade era dunhas 5-10 millas e o tempo foi descrito como moi cuberto con nubes rotas.
Causa[editar | editar a fonte]
Determinouse que o piloto non puido manter a altitude mínima de voo para unha aproximación visual á pista 07.[5]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "Pilot calls for beer, then boom". The Windsor Star. 8 de xaneiro de 1972.
- ↑ 2,0 2,1 "Spanish jet crashes; 104 aboard killed". The Blade. 7 de xaneiro de 1972.
- ↑ 3,0 3,1 "Iberia EC-ATV – 07. January 1972 - SudAviation.com". sudaviation.com. Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2014. Consultado o 2019-01-30.
- ↑ Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident Sud Aviation SE-210 Caravelle VI-R EC-ATV Ibiza Airport (IBZ)". aviation-safety.net. Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2011. Consultado o 2019-01-30.
- ↑ Gero, David (1996). Aviation Disasters Second Edition. Patrick Stephens Limited. p. 104