Voo 400 de TWA

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 400 de TWA
Martin 4-0-4 semellante ao do accidente
Resumo
Data  1 de abril de 1956
Causa  fallo mecánico e
erro do piloto
Lugar  Moon Township
Coordenadas  Coordenadas: 40°29′13″N 80°12′29″O / 40.487, -80.208
Orixe  aeroporto de Pittsburgh
Destino  aeroporto de Newark
Finados  22
Aeronave
Tipo de aeronave Martin 4-0-4
Operador  TWA
Rexistro  N40403
Pasaxeiros  33
Tripulación  3
Superviventes  14

O voo 400 de TWA foi un Martin 4-0-4, con rexistro N40403, que se esnafrou engalando do aeroporto de Pittsburgh. 22 das 36 persoas a bordo, incluído un tripulante, morreron no accidente.[1]

O voo 400 ía ser un voo IFR ata o aeroporto de Newark. Neste voo en particular, o primeiro oficial estaba no asento da esquerda, xa que estaba sendo revisado polo capitán. Cando o avión se levantou do chan, experimentouse unha forte guiñada mentres o primeiro oficial reducía potencia a unha altura duns 30 metros. Case inmediatamente a luz de aviso de lume do motor 1 acendeuse; porén, a alarma de lume nunca soou. Nese momento, crese que o primeiro oficial decelerou o motor 1. O capitán só notou a perda de potencia no indicador de presión efectiva media, pero nunca viu a luz de aviso. Puxo o motor ao ralentí e cando o primeiro oficial ía premer o botón para poñer manualmente a hélice en bandeira o capitán parouno. O capitán idicou que o dispositivo automático para poñer a hélice en bandeira se encargaría do motor 1. Isto nunca ocorreu xa que a panca do acelerador fora atrasada a unha posición por detrás dos interruptores que armaban o dispositivo automático que debería poñen en bandeira a hélice. A hélice 1 creou a suficiente resistencia como para causar que o avión seguise guiñando cara á esquerda. A tan só 515 m despois do fin da pista, ás 7:20 pm, o avión esnafrouse.

O aviso de lume parece que foi causado for un fallo no conector de fixación do escape. Os gases quentes de saída foron expulsados directamente sobre un detector de sobrequentamento.

A causa probable do accidente foi determinada como: "acción de emerxencia non coordinada en moi pouco tempo dispoñible para a tripulación, que levou a unha configuración do avión cunha resistencia insuperable".

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident Martin 4-0-4 N40403 Pittsburgh-Greater Pittsburgh Airport, PA (PIT)". aviation-safety.net. Consultado o 2019-01-09.