Voo 314 de Pacific Western Airlines

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 314 de Pacific Western Airlines
737-200 semellante ao do accidente
Resumo
Data  11 de febreiro de 1978
Causa  incursión na pista, reserva
despregada durante o go-around
Lugar  aeroporto de Cranbrook
Coordenadas  Coordenadas: 49°36′41″N 115°46′56″O / 49.6114, -115.78225
Orixe  aeroporto de Edmonton
Derradeira escala  aeroporto de Cranbrook
Destino  aeroporto de Castlegar
Finados  42
Aeronave
Tipo de aeronave Boeing 737-200
Operador  Pacific Western Airlines
Rexistro  C-FPWC
Pasaxeiros  44
Tripulación  5
Superviventes  7

O voo 314 de Pacific Western Airlines foi un accidente de aviación ocorrido o 11 de febreiro de 1978 cando un Boeing 737-200 se esnafrou no aeroporto de Cranbrook, preto da cidade canadense de Cranbook, na Columbia Británica, matando 42 dos 49 ocupantes do avión.[1]

O voo regular dende o aeroporto de Edmonton ao aeroporto de Castlegar con escalas en Calgary e Cranbrook esnafrouse despois de que os seus reversores de pulo non se gardasen completamente despois dunha aterraxe abortada para evitar unha máquina quitaneves na pista. O control de tráfico aéreo de Calgary tivo un erro considerable no cálculo da hora de chegada a Cranbrook e a tripulación non informou mentres pasaba unha baliza na aproximación final.[2][3]

A investigación foi realizada pola División de Investigación de Seguridade Aérea de Transport Canada e auditada pola Xunta de Revisión de Accidentes de Avións.[4]

Avión e tripulación[editar | editar a fonte]

O avión accidentado era un Boeing 737-275 que tiña preto de oito anos no momento do sinistro. O aparello estaba equipado con dous motores turboventilador Pratt & Whitney JT8D-9A.[5][6]

O capitán era Chris Miles, de 30 anos de idade, que traballara en Pacific Western Airlines dende 1967 e convertérase en capitán de 737 en 1977. Acumulaba 5 173 horas de voo, 2 780 delas no Boeing 737. O primeiro oficial era Peter Van Oort, de 25 anos, que levaba na aeroliña dende 1971 e convertérase en primeiro oficial do 737 en 1977. Van Oort voara un total de 1 316 horas, e tan só 81 delas no Boeing 737.[4][7]

Accidente[editar | editar a fonte]

Cranbook é un aeroporto non controlado sen torre de control, pero está en espazo aéreo controlado e ten unha estación de radio que proporciona información meteorolóxica e serve para comunicacións e avisos. Así, non había un requisito legal para conseguir permiso para aterrar despois de que se dese a autorización para a aproximación. No momento do accidente estaba nevando cunha visibilidade de 3/4 millas e un quitaneves con radio estaba limpando a pista. O operador da máquina quitaneves foi informado de que o tempo estimado para a chegada do voo 314 sería ás 20:05. Tanto o operador da radio como do quitaneves agardaban que o avión avisase ao chegar á baliza "Skookum", na aproximación á pista 16, dándolle á máquina sete minutos para deixar a pista.[4]

O avión tocou terra ás 19:55 a uns 800 pés do limiar da pista. Activouse a reversa de pulo e case inmediatamente foi cancelada e intentouse un go-around. O avión volveu ao aire antes do punto dos 2 000 de pista, e voou sobre o quitaneves a entre 50 e 70 pés de altura.[1]

O aparello trepou ata os 300-400 pés sobre o aeródromo, inclinándose abruptamente cara á esquerda, e deslizouse lateralmente cara ao chan á esquerda da pista incendiándose.[1] No momento do impacto a reversa esquerda estaba totalmente despregada e a dereita estaba case recollida. O motor esquerdo estaba case ao raletí, mentres que o dereito estaba desenvolvendo potencia, e o temón e o alerón estaba completamente cara á dereita. O tren de aterraxe estaba baixado e os flaps estaban a uns 20º.

As simulacións de Boeing amosaron que o avión era controlable cun motor ao ralentí con reversa e co outro a plena potencia, co tren subido e os flaps en 15. Con flaps en 25 e o tren abaixo non era posible manter o nivel de voo.

A manobra de go-around tería éxito se as portas da reversa do motor esquerdo non estivesen despregadas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Aviation Safety Network (ed.). "Accident description". Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2008. Consultado o 2018-12-05. 
  2. Ranter, Harro. "Aviation Safety Network > Accident investigation > CVR / FDR > Transcripts > ATC transcript Pacific Western Flight 314 - 11 FEB 1978". aviation-safety.net. Consultado o 2018-12-05T00:54:21Z. 
  3. "cvr780211.htm". www.planecrashinfo.com. Consultado o 2018-12-05T00:54:33Z. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "Aircraft Accident Pacific Western Airlines Boeing 737, C-FPWC" (PDF). Archived from the original on 19 de maio de 2014. Consultado o 2018-12-05. 
  5. "Pacific Western C-FPWC (Boeing 737 - MSN 20142) (Ex CF-PWC )". www.airfleets.net. Consultado o 2021-11-26. 
  6. "C-FPWC Pacific Western Airlines Boeing 737-200". www.planespotters.net (en inglés). Consultado o 2021-11-26. 
  7. Admiral_Cloudberg (2021-08-17). "Margin of Error: The crash of Pacific Western Airlines flight 314". Medium (en inglés). Consultado o 2021-11-26.