Saltar ao contido

Voo 301 de Canadian Pacific Air Lines

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 301 de Canadian Pacific Air Lines
Bristol Britannia semellante ao do accidente
Resumo
Data  22 de xullo de 1962
Causa  erro do piloto
Lugar  aeroporto de Honolulu
Coordenadas  Coordenadas: 21°19′13″N 157°54′53″O / 21.3202, -157.9147
Orixe  aeroporto de Honolulu
Destino  aeroporto de Nadi
Finados  27
Aeronave
Tipo de aeronave Bristol Britannia 314
Operador  Canadian Pacific Air Lines
Rexistro  CF-CZB
Pasaxeiros  29
Tripulación  11
Superviventes  13

O voo 301 de Canadian Pacific Air Lines era un servizo regular dende Honolulu, Hawai ata Nadi, Fidxi. O 22 de xullo de 1962 a ruta estaba sendo operada por un Bristol Britannia 314 con rexistro CF-CZB.[1] Cando engalaba do aeroporto de Honolulu o avión tivo problemas nun motor e regresou para aterrar con tres motores cando durante o intento dun go-around esnafrouse no aeroporto, morrendo 27 dos seus 40 ocupantes.[1]

Avión[editar | editar a fonte]

O aparello, un cuadrimotor turbohélice Bristol Britannia 314, fora fabricado no Reino Unido e voara por primeira vez o 14 de abril de 1958.[2] Fora entregado novo a Canadian Pacific Air Lines o 29 de abril dese ano. Foi bautizado inicialmente Empress of Vancouver e posteriormente pasou a chamarse Empress of Lima.[2]

Accidente[editar | editar a fonte]

O Britannia Empress of Lima estaba facendo un voo regular dende o aeroporto de Honolulu , Hawai, ata o aeroporto de Nadi, Fidxi.[1] Pouco despois da engalaxe a tripulación tivo un aviso de lume nun motor, puxo en bandeira o motor 1 e expulsaron combustible antes de regresar a Honolulu 40 minutos despois.[1] A aproximación con tres motores semellaba normal pero no último momento a tripulación decidiu facer un go-around e intentar outra aproximación.[1] O avión inclinouse e desviouse cara a esquerda,golpeando a á de babor o chan a uns 550 pés do centro da pista.[1] O avión desintegrouse cando atraveou o aeródromo antes de golpear contra algún equipamento de terra.[1] Agás a fuselaxe traseira e a cola, o avión foi consumido polo lume. 13 persoas conseguiron escapar, pero 7 tripulantes e 20 pasaxeiros morreron.[1]

Causa probable[editar | editar a fonte]

A xunta de investigación do accidente concluíu que a causa probable foi "o intento de go-around con tres motores, cando o avión estaba en configuración total de aterraxe, a velocidade e altitude insuficiente para manter o control".[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 Civil Aviation Authority 1974, p. 18/62
  2. 2,0 2,1 Eastwood 1991, p. 73