Saltar ao contido

Voo 256 de Fly Jamaica Airways

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 256 de Fly Jamaica Airways
O avión do accidente en 2015
Resumo
Data  9 de novembro de 2018
Causa  fallo hidráulico
Lugar  aeroporto Cheddi Jagan
Coordenadas  Coordenadas: 6°30′25″N 58°14′45″O / 6.5069722222222, -58.24575
Orixe  aeroporto Cheddi Jagan
Destino  Toronto-Pearson
Finados  1
Feridos  5
Aeronave
Tipo de aeronave Boeing 757-23N
Operador  Fly Jamaica Airways
Rexistro  N524AT
Pasaxeiros  118
Tripulación  8
Superviventes  125

O voo 256 de Fly Jamaica Airways foi un Boeing 757, con rexistro N524AT, que o día 9 de novembro de 2018 tivo que regresar ao aeroporto Cheddi Jagan na Güiana para unha aterraxe de emerxencia, despois de 45 minutos voando cara Toronto.[1] Durante a aterraxe o avión pasouse da pista. O incidente ocorreu ao redor das 2:53 am. Había 118 pasaxeiros e 8 tripulantes a bordo do aparello. Todos os ocupantes sobreviviron inicialmente, pero unha muller de 86 anos morreu unha semana despois do accidente polas feridas sufridas.[2] O avión quedou seriamente danado.[3][4][5] Antes deste evento, pasaran 17 anos dende a última vez na que o accidente dun Boeing 757 de pasaxeiros tivera vítimas mortais, dende os accidentes do voo 77 de American Airlines e do voo 93 de United Airlines.

Avión[editar | editar a fonte]

O aparello implicado no accidente era un Boeing 757-23N, con rexistro N524AT, equipado con dous motores Rolls-Royce RB211. Fora construído no ano 1999 e voou por vez primeira con ATA Airlines e despois con outra aeroliña antes de ser mercado por Fly Jamaica en 2012.[1]

Accidente[editar | editar a fonte]

O avión engalou da Güiana o 9 de novembro de 2018 ás 2:10 a.m. hora local (6:10 a.m. UTC). Ás 2:21 a.m. o piloto indicou que había algúns problemas hidráulicos e solicitou regresar ao aeroporto Cheddi Jagan.[1] Despois de pasar 43 minutos no aire o aparello realizou unha aterraxe de emerxencia ao redor das 2:53 a.m., seguido por unha evacuación inmediata do 757.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Kindred, Alahna (2018-11-09). "Fly Jamaica flight to Toronto crash lands in Guyana as emergency declared 18 minutes in". Express.co.uk (en inglés). Consultado o 2018-12-25. 
  2. Writer, Staff (2018-11-17). "Senior injured in Fly Jamaica crash landing succumbs". Stabroek News (en inglés). Consultado o 2018-12-25. 
  3. "Six injured as Fly Jamaica aircraft makes emergency landing in Guyana". jamaica-gleaner.com (en inglés). 2018-11-09. Consultado o 2018-12-25. 
  4. "Fly Jamaica plane crashes on emergency landing at CJIA". News Room Guyana (en inglés). 2018-11-09. Consultado o 2018-12-25. 
  5. Admin (2018-11-09). "CRASH: Fly Jamaica plane makes emergency landing in Guyana". St. Lucia News Online (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2019. Consultado o 2018-12-25. 
  6. Editor, Staff (2018-11-09). "Fly Jamaica in crash landing at Timehri, all passengers safe". Stabroek News (en inglés). Consultado o 2018-12-25.