Saltar ao contido

Voo 2415 de Aeroflot

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 2415 de Aeroflot
 Instancia de
 Elemento operado
Datas
 Data
28 de novembro de 1976 Editar o valor en Wikidata
Implicados
 Operador/a
Localización
 Lugar de saída
 Lugar de chegada
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Mortes
   73 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Matrícula aeronaveCCCP-42471 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O voo 2415 de Aeroflot era un servizo regular de pasaxeiros entre Moscova e Leningrado que se esnafrou pouco despois da engalaxe o día 28 de novembro de 1976. A causa do accidente atribuíuse á desorientación da tripulación como resultado dun horizonte artificial defectuoso en condicións de baixa visibilidade.[1]

O aparello accidentado era un Tupolev Tu-104B con rexistro СССР-42471 pertencente a Aeroflot. O avión saíu da planta de ensamblaxe en Kazán o 22 de febreiro de 1960 e foi entregado ao Ministerio de Aviación Civil o 24 de marzo dese ano. Nos seus 16 anos en servizo o avión acumulaba 22 199 horas de voo en 13 336 ciclos.[2]