Saltar ao contido

Voo 107 de LAN Chile

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 107 de LAN Chile
Imaxe
 Instancia de
Características
 Nave
Datas
 Data
6 de febreiro de 1965 Editar o valor en Wikidata
Implicados
 Operador/a
Localización
 Localización
 Lugar de saída
 Lugar de chegada
 País
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Número de feridos
   0 Editar o valor en Wikidata
 Mortes
   88 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/0b6m3jy Editar o valor en Wikidata
Número de voo107 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

O voo 107 de LAN Chile era un servizo regular internacional dende Santiago de Chile ata Buenos Aires. O día 6 de febreiro de 1965 o Douglas DC-6B-404 que operaba a ruta esnafrouse nos Andes. Os 87 ocupantes do avión morreron no accidente.

Accidente

[editar | editar a fonte]

O DC-6 engalou do aeródromo Los Cerrillos de Santiago de Chile na mañá do 6 de febreiro con 80 pasaxeiros e 7 tripulantes a bordo, nun voo ao aeroporto internacional Ministro Pistarini en Ezeiza, preto de Buenos Aires. Cando o avión estaba a un nivel de voo 120, na área de Las Melosas dos Andes, esnafrouse na ladeira da montaña La Corona, a uns 1 200 pés por debaixo do seu cumio. Non houbo superviventes.[1]

22 dos pasaxeiros eran xogadores e persoal do equipo de fútbol Antonio Varas de Santiago, que se dirixía a Uruguai para xogar contra o Camadeo de Montevideo.

En xaneiro de 2019 o voo 107 seguía sendo o peor accidente aéreo da historia de Chile[2] e o segundo peor dun DC-6, tras o voo 954 de Olympic Airways.[3]

A xunta de investigación do accidente culpou do accidente o piloto ao mando do avión, que elixiu seguir unha ruta que non se correspondía co plan de voo aprobado nin co manual de operacións da aeroliña. Non se considerou a meteoroloxía como un factor no accidente.[4]

  1. "Chilean plane crash kills 87". Lewingston Morning Tribune. 7 de febreiro de 1965.
  2. Ranter, Harro. "Aviation Safety Network > ASN Aviation Safety Database > Geographical regions index > Chile". aviation-safety.net. Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2014. Consultado o 2019-01-23.
  3. Ranter, Harro. "Aviation Safety Network > ASN Aviation Safety Database > Type index > Douglas DC-6". aviation-safety.net. Consultado o 2019-01-23.
  4. Gero, David (1996). Aviation Disasters Second Edition. Patrick Stephens Limited. p. 61.