Voltampere

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A potencia aparente (S) é a suma vectoriar da compoñente real (P) e a reactiva (jQ), vectores da corrente alterna.

O voltampere (símbolo VA) é a unidade utilizada na medida de potencia aparente en sistemas eléctricos de corrente alterna. En inglés chámase root-mean-square (RMS). Un circuito de corrente alterna dise que transporta unha potencia aparente (S) de 1 VA cando nel circula unha corrente eficaz de 1 Ampere com unha diferenza de potencial eficaz de 1 Volt.

1 VA = 1 V \cdot 1 A

En sistemas de corrente continua e en sistemas de corrente alterna en fase, a potencia aparente é igual á potencia activa. Nestes casos, o voltampere pode tamén ser aplicado para potencia activa (P), como equivalente ao watt.

O voltampere reactivo (símbolo VAr) é a unidade utilizada na medida de potencia reactiva (Q) en sistemas eléctricos de corrente alterna.